Bo día, bolboreteirxs! Novo xoves, nova receita! Desta volta, partillámosvos unha receita de polo moi fácil, que nos apareceu o outro día por TikTok mais, coma sempre, adaptámola á nosa maneira e cunha salsa totalmente improvisada que resultou ser todo un éxito.
E, mentres vos deixamos con esta receita, estamos preparando algunha receita samaínica para este mes terrorífico, que nos encanta. Ademais, estamos coa tempada de castañas e cabazas. Este ano, estamos indo todas as semanas en familia recoller castañas e é un plan que estamos gozando moitísimo.
Aquí vai:
Nachos de polo
Ingredientes:
- 1 bote de pementos
- 2 culleradas de tomate triturado
- 2 culleradas grandes de queixo cottage
- Allo en po
- Pementa moída
- Sal
Utensilios: un batedor eléctrico, o vaso do batedor, varios pratos, un garfo (ou un batedor), unha bandexa apta para o forno e papel vexetal.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de triturar o polo xunto co pemento doce, o allo en po, a pementa e o sal, sempre ao noso gusto.
De seguido, collemos unha tortilla de millo e colocámoslle unha boa capa do polo picado. A nós, viñéronnos todas rotas mais nesta casa non se tira nada.
E tapámola con outra tortilla.
Cortámolas en triángulos (ou coa forma que máis vos guste) e pasámolas por ovo batido.
E pan relado. Colocámolas nunha bandexa de forno, cuberta por papel vexetal. Botámoslles un chisco de AOVE e enfornámolas a 230º, calor arriba e abaixo, durante 20 minutos. A metade da cocción, podedes darlles a volta para que torren polos dous lados.
Se tedes menos cantidade, é unha boa opción a fritideira de aire.
Mentres tanto, botamos todos os ingredientes da salsa no vaso do batedor eléctrico e trituramos moi ben.
Servimos no prato e xa estarían listos para comer! Agardamos que vos guesten e que poñades en práctica a receita.
Unha receita moi sinxela é rápida para pór de aperitivo ou incluso para unha cea. Aos peques encantoulles! E, de feito, axudaron a facela!
Aperta forte!
Lémonos, bolboreteirxs!










Ningún comentario:
Publicar un comentario