Menú

xoves, 10 de abril de 2025

Aperitivo de queixo e cebola

 Bo día, bolboreteirxs! Como vai a semana? Nós xa desexando que sexa mañá para descansar uns días e cargar as pilas para a recta final do curso. 

Hoxe traémosvos unha receita que se fixo viral nas RRSS, concretamente en TiKToK hai unhas semanas e como bos amantes do queixo e da cebola non podiamos pasar sen facela. Son só dous ingredientes máis as especias coas que queirades sazonalos para darlle un toque extra de sabor. Como ides ver, faise nun momento e pódenos servir para pór de aperitivo, para tapear ou incluso para acompañar outro prato.

Aquí vos deixamos coa receita: 



Aperitivo de queixo e cebola


Ingredientes:


  • 1 cebola
  • Queixo relado ao gusto  
  • Ourego
  • Pementa moída
  • Pemento picante








Utensilios: unha bandexa apta para o forno e papel vexetal, unha táboa e un coitelo (ou unha mandolina) e un relador.


Elaboración:


Para comezarmos, temos de relar o queixo que máis nos guste e estendelo na bandexa de forno, cuberta co papel vexetal.


Cortamos finamente a cebola e repartímola. 


Agregamos a pementa, o pemento picante e o ourego. Nós non botamos sal porque xa o ten o queixo. 



Enfornamos a 180º, calor arriba e abaixo, durante 15 min.



Deixamos que arrefríe para que endureza o queixo e xa estaría lista para comer!


E xa estaría lista para comer! Queredes un anaco?


Como vedes, unha receita moi rápida e sinxela! Un acerto seguro para xs amantes do queixo, e da cebola. 
Xa nos contades que vos parece!
 Aperta forte!
Lémonos, bolboreteirxs!





Ningún comentario:

Publicar un comentario