Menin@s! Lanzáronnos un reto desde Portugal para este Nadal e nós recollímolo con moi bo gusto pois adoramos esta época do ano no que a gastronomía xoga un papel tan relevante. A idea xurdiu de A casinha das bolachas con quen xa colaboramos na nosa sección "Bitácoras de aquí e acolá". Ben, pois desde comezo de mes, diferentes blogues nominados están a publicar receitas natalicias e a responder a un cuestionario que Ana nos preparou. Estamos acostumados a preparar nós as receitas para o Bolboreteando aínda que desta volta tócanos o papel inverso, o de responder.
Deixámosvos pois con este fermoso reto e cunha receita especial para chocolateir@s nestas vindeiras datas.
Deixámosvos pois con este fermoso reto e cunha receita especial para chocolateir@s nestas vindeiras datas.
Na Mesa de Natal Não Pode Faltar...
- Quem está por de trás deste blogue?
- Diana e David, unha parella de filolólogos, namorados desde 2005, con paixón pola gastronomía.
- Quando surgiu o gosto pela culinária?
- É continuo e progresivo desde a infancia, adoptando un papel activo nos últimos 8 anos.
- Quando e como surgiu o blogue?
- O 30 de decembro de 2013, para combinar as dúas paixóns, as letras e a gastronomía.
- Gostas desta época do ano? Se sim do que mais gostas?
- Si, nesta época desfrutamos moitísimo, tanto do ambiente natalicio, do clima, coma das receitas típicas.
- Existe algum ingrediente que te faça lembrar o Natal? Qual?
- Si, en xeral o azucre e o chocolate están moi presentes nesta época, mais tamén o marisco.
- Costumas cozinhar no Natal?
- Si, é un grande pracer para nós cociñar nestas datas importantes.
- O que nunca pode faltar na tua mesa de Natal para além de muito amor?
- Un pouco de marisco, e uns bos doces natalicios para a sobremesa.
- Que receita vais partilhar e porque razão a escolheste?
- Un Roscón de chocolate, porque aquí son moi tradicionais nos días 5 e 6 de xaneiro e queríamos ofrecer unha versión máis doce co chocolate.
Roscón de chocolate
Ingredientes:
Para a masa do roscón:
Para a decoración:
- 150 g de chocolate
- 150 g de nata 35%
- 25 g de manteiga
Utensilios: unha cunca grande, un batedor manual (ou culler ou espátula), papel vexetal, papel transparente e unha bandexa de forno.
Elaboración:
Para comezarmos, temos que quentar o leite coa cullerada de vainilla. Reservamos até que esté morno e engadimos o azucre e o sal. Reservamos.
Despois, mesturamos a fariña, co cacao e o lévedo.
Engadimos os dous ovos batidos.
Mesturamos moi ben. Cando teñamos unha masa homoxénea, colocamos sobre papel vexetal e seguimos amasando.
Cando estea lista, colocamos, de novo, a masa á cunca, cubrimos con papel transparente e deixamos repousar até que duplique o tamaño, aproximadamente 1 hora.
Pasado ese tempo, sacamos a masa a unha superficie enfariñada (con cacao ou fariña, se usades fariña, hai que ter coidado para que non quede moi manchado o roscón) e dámoslle a forma de roscón.
Este sería o momento se queremos meter algunha sorpresa, só a teríamos que envolver en papel de aluminio e agachalo ben dentro do biscoito. Deixamos repousar 30-40 minutos e pintamos o biscoito co outro ovo batido.
Enfornamos a 190º, calor abaixo e ventilador, durante 25 minutos. Despois, reservamos até que arrefríe.
Pasado ese tempo, temos que quentar a nata até que ferva, retiramos do lume e engadimos o chocolate. Mesturamos moi até que se derreta, de seguir, agregamos a manteiga e remexemos até que teñamos unha crema lisa e brillante.
Vertémolo sobre o biscoito.
E decoramos cunhas bolas de chocolate.
Deixamos que arrefríe e endureza o chocolate e xa estaría listo para comer!
Agardamos que vos guste e que o poñades en práctica este Nadal.
Cremos que logramos unha moi boa alternativa ao tradicional pan de ovo preparado para o Día de Reis e que podemos ter en conta en función das preferencias dos nosos comensais. A idea recollímola do novo libro de Alma Obregón e quedamos gratamente sorprendidos. Aínda teriamos a opción de rechealo mais este xa de por si é ben saboroso e intenso.
Sexa como for, deixámosvos aquí tamén a receita do tradicional Rosco de Reis que tanto éxito tivo no noso blogue: Receita.
Agardamos que desfruten por Galiza, Portugal desta receita natalicia. Pasen unhas moi boas festas... Lémonos mañá de novo!
Que bolo espectacular. Parabéns, além de ter uma mavarilhosa imagem, o sabor não deve ficar atrás. Boas festas!
ResponderEliminarhttps://avidadenessy.blogspot.pt
Moitísimas grazas! 😘
EliminarObrigada por participarem e por esta partilha! Adorei :)
ResponderEliminarBeijinhos Ana
https://acasinhadasbolachas.blogspot.pt
Obrigada a ti! Este proxecto foi maravilhoso!
Eliminar😘😘
Uma receita a experimentar!
ResponderEliminarpor aqui há :
https://ospetiscosdagracinha.blogspot.pt/2016/12/pimentos-recheados.html
Festas felizes!!!
Mil grazas e igualmente!!! 😋
EliminarQue guloso! Adorei :D
ResponderEliminarBeijinho
Blogue Recanto com Tempero
Moitas grazas!! 😜
EliminarFicou muito bonito! Não conhecia esta versão com chocolate e deve ser bem gulosa.
ResponderEliminarBjn
Márcia
Sim, está muito boa! Mil grazas 😉😘
EliminarQue coisa tão gulosa.
ResponderEliminarBeijinhos,
Clarinha
http://receitasetruquesdaclarinha.blogspot.pt/2016/12/peixe-chefe-novamente.html
Moito obrigada!! Beijinhos 😘
EliminarUuummmmmmmmmmm que cosa mas rica muero de amor con este roscon ,pena non dar cuenta de cachin seguro que esta de muerte relentisima.
ResponderEliminarBicos mil wap@s
É unha bomba 😂😂! Este rinde máis que é máis contundente!
Eliminar😘😘